Levantamento dos bóxers
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Levantamento, Rebelión ou Guerra dos bóxers (1899-1900), chamado tamén Movemento Yihetuan ((en chinés), Yihetuan yundong), foi un movemento popular antioccidental e anticristián na China.
Datos rápidos Data, Lugar ...
Levantamento dos bóxers | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Tropas estadounidenses asaltando as murallas de Pequín | |||||||
|
Pechar
A sociedade secreta Yìhétuán ((en chinés), 义和团, Puños da Xustiza e da Concordia), que se opuña á expansión estranxeira, sustentaba que co adestramento axeitado, incluído o ritual do boxeo chinés (Suai Jiao), os seus membros poderían vencer os occidentais, que empregaban armas de fogo.