Lari (moeda)
From Wikipedia, the free encyclopedia
O lari (en xeorxiano: ლარი) é a moeda de curso legal da República de Xeorxia. Divídese en 100 tetri (en xeorxiano: თეთრი). O seu código ISO 4217 é GEL.
Lari (moeda) | |
---|---|
ქართული ლარი en xeorxiano | |
Código: | GEL |
Ámbito: | Xeorxia |
Símbolo: | ₾ |
Fracción: | 100 tetri |
Moedas: | 1, 2, 5, 10, 20, 50 tetri, 1 e 2 lari |
Billetes: | 1, 2, 5, 10, 20, 50, 100 e 200 lari |
Emisor: | Banco Nacional de Xeorxia |
Taxa de troco: 8 de xullo de 2021 | 1 EUR = 3,73 GEL 1 USD = 3,16 GEL |
Troco actual |
O nome provén dun antigo vocablo xeorxiano que denota unha posesión ou propiedade, mentres que a palabra "tetri" deriva dunha antiga moeda xeorxiana do século XIII.