La Sagra
From Wikipedia, the free encyclopedia
La Sagra é unha comarca de Toledo, España. Esténdese desde o bordo occidental de Madrid até a cidade de Toledo. A toledana porta de Bisagra é o acceso directo da capital da provincia á comarca da Sagra; que conta cuns 1000 km² de superficie, que se ve limitada ao noroeste pola conca do Guadarrama mentres que polo sueste atópase o Texo.
É unha xeografía chaira, suavemente ondulada, sen chegar, ou faino escasamente, aos 600 metros de altitude media.
La Sagra é moi apta para o cultivo de cereais, de vexetación esteparia nos predios non cultivados, con algúns viñedos -Esquivias- e algúns campos de oliveiras.