Karma
From Wikipedia, the free encyclopedia
Karma (do sánscrito कर्म karmam; en pali, Kamma) significa acción. O termo ten uso relixioso dentro das doutrinas budista, hinduísta e xainista. Foi posteriormente adoptado tamén pola Teosofía, polo Espiritismo e por un subgrupo significativo do movemento New Age.
Non obstante, débese notar que non hai moita consistencia de uso do termo ou de interpretación do seu significado. As relixións utilizan o termo karma para expresar un conxunto de accións dos homes e as súas consecuencias. Este termo, na física, é equivalente á lei: "Para toda acción existe unha reacción de forza e sentido contrario". Neste caso, para toda acción realizada polo ser humano, este pode esperar unha reacción. Se practicou o mal, entón recibirá de volta un mal en intensidade equivalente ao mal causado. Se practicou o ben, entón recibirá de volta un ben en intensidade equivalente ao ben causado. Dependendo da doutrina e dos dogmas da relixión discutida, este termo pode parecer diferente, porén a súa esencia focalízase sempre nas accións e nas súas consecuencias.