K'inich Kan Bahlam II
gobernante de Palenque / From Wikipedia, the free encyclopedia
K'inich Kan Bahlam II ou K'inich Kan B'ahlam II, nado o 20 de maio de 635 e finado o 16 de febreiro de 702, foi un ahau ou gobernante maia do ajawlal ou señorío de B'aakal, cuxa sede era Lakam Ha', no presente coñecida como a zona arqueolóxica de Palenque, no actual estado mexicano de Chiapas. É referido tamén como Chan Bahlum II. O seu nome pode ser traducido como ‘Serpe Xaguar Radiante’ ou ‘Gran Sol Serpe Xaguar’.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de maio de 635 (Gregoriano) |
Morte | 20 de febreiro de 702 (Gregoriano) (66 anos) |
12º Ajaw de Palenque | |
7 de xaneiro de 684 – 16 de febreiro de 702 ← K'inich Janaab' Pakal – K'inich K'an Joy Chitam II → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | México |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Pais | K'inich Janaab' Pakal e Tz'akbu Ajaw |
Irmáns | K'inich K'an Joy Chitam II e Tiwol Chan Mat |
Gobernou do ano 683 até o 702.[1] O seu goberno, do mesmo xeito que o do seu pai, Pakal o Grande, caracterizouse pola construción de grandes edificios públicos en Palenque e as súas obras máis importantes pertenencen ó Grupo das Cruces. Realizou campañas militares contra Toniná e pactou alianzas con Moral-Reforma. Ambos os gobernos representan a mellor época do señorío de B'aakal.