Juliette Binoche
actriz francesa / From Wikipedia, the free encyclopedia
Juliette Binoche, nada o 9 de marzo de 1964 en París, é unha actriz, artista e bailarina francesa. Ó longo da súa carreira como actriz, actuou en máis de 40 filmes, recibindo numerosos premios internacionais. Procendente dunha familia de artistas, comezou a recibir clases de interpretación durante a adolescencia. Despois de participar en numerosas producións de teatro, saltou ó cine da man de Jean-Luc Godard (Je vous salue, Marie, 1985), Jacques Doillon (La Vie de Famille, 1985) e André Téchiné, que fixo dela unha estrela en Francia polo seu papel protagonista en Rendez-vous. A súa sensual interpretación no seu debut no cine anglófono, The Unbearable Lightness of Being (1988), dirixido por Philip Kaufman, lanzou a súa carreira internacionalmente.
Chamou a ateción de Steven Spielberg, que lle ofreceu varios papeis, como en Parque Xurásico, que ela rexeitou por unirse ó elenco de actores de Trois couleurs: Bleu (1993), dirixido por Krzysztof Kieślowski. Por esta interpretación, gañou o premio á mellor actriz no Festival Internacional de Cine de Venecia e un Premio César. Tres anos despois, Binoche conseguiu un novo éxito no filme de Anthony Minghella O paciente inglés (1996), polo cal gañou un Oscar e un BAFTA á mellor actriz secundaria, así como o premio á mellor actriz no Festival Internacional de Cinema de Berlín. Pola súa actuación na comedia romántica de Lasse Hallström Chocolat (2000) Binoche foi nomeada ó Oscar á mellor actriz.