Juan Modesto
militar español / From Wikipedia, the free encyclopedia
Juan Guilloto León, nado en El Puerto de Santa María o 24 de setembro de 1906 e finado en Praga o 19 de abril de 1969, habitualmente coñecido como "Modesto" ou Juan "Modesto", foi un destacado militar español durante a guerra civil española e membro do Partido Comunista de España (PCE). Procedente da escala de milicias, ao final da guerra alcanzou o grao de xeneral republicano.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de setembro de 1906 El Puerto de Santa María, España |
Morte | 16 de abril de 1969 (62 anos) Praga |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | militar |
Período de actividade | 1936 - |
Partido político | Partido Comunista de España |
Lingua | Lingua castelá |
Carreira militar | |
Lealdade | Facção republicana (pt) |
Rama militar | Exército de Terra de España |
Rango militar | xeneral de brigada |
Conflito | Guerra civil española |
Premios | |
Ao mando do V Corpo do Exército, traballou a súa imaxe de militar duros e competente, especialmente durante as ofensivas republicanas en Brunete e Belchite. Non obstante, alcanzou a súa aura militar no verán de 1938, cando chegou á xefatura do exército do Ebro e dirixiu persoalmente a ofensiva republicana no Ebro. Ao final da guerra exiliouse na Unión Soviética xunto con outros militares republicanos de afiliación comunista, así como os principais líderes do PCE. Alí foi asignado durante algúns anos á Academia Frunze, ampliando os seus estudos militares e de Estado Maior. Pouco tempo despois retirouse a Praga, capital de Checoslovaquia, onde pasou os seus últimos anos de vida ata a súa morte en 1969. O seu vertixinoso ascenso dentro das milicias e do Exército Popular, ata alcanzar o rango de xeneral, só se explica polas circunstancias da guerra civil, os seus excepcionais méritos persoais e o apoio que lle deu o Partido Comunista.