Joseph Merrick
From Wikipedia, the free encyclopedia
Joseph Carey Merrick nado en Leicester, Inglaterra o 5 de agosto de 1862 e finado en Londres o 11 de abril de 1890, tamén coñecido como "O Home Elefante", fíxose famoso debido ás malformacións que padeceu desde o ano e medio de idade. Condenado a pasar a maior parte da súa vida enrolado no mundo da farándula, só encontrou sosego nos seus últimos anos de vida. A pesar da súa desgraciada enfermidade, sobresaíu polo seu carácter doce e educado, así como por unha intelixencia superior á media que só puido demostrar nas súas postrimerías. Aínda que non se sabe con absoluta certeza, crese que Joseph puido padecer unha grave variación da síndrome de Proteus.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Joseph Carey Merrick 5 de agosto de 1862 Leicester |
Morte | 11 de abril de 1890 (27 anos) Whitechapel (pt) |
Lugar de sepultura | City of London Cemetery and Crematorium (en) (1890–) |
Datos persoais | |
Outros nomes | Elephant man |
País de nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
Actividade | |
Ocupación | artista |
Período de actividade | 1884 - 1885 |
Lingua | Lingua inglesa |
No museo do Royal London Hospital, actualmente non se exhibe o esqueleto de Joseph, pero si algunhas pertenzas súas: un sofá con rodas que tivo nas súas dependencias no hospital, cartas manuscritas súas, o libro de admisións do Hospital coa súa entrada, o gorro co trapo cosido que lle cubría a cara e a cabeza (fabricado por Tom Norman) e baleirados de xeso que lle realizaron unha vez morto.
O director estadounidense David Lynch levou ao cine a vida de Joseph Merrick na película The Elephant Man no ano 1980. Nela, John Hurt interpreta a Joseph Merrick.