José Emilio Pacheco
escritor mexicano / From Wikipedia, the free encyclopedia
José Emilio Pacheco Berny, nado na Cidade de México o 30 de xuño de 1939 e finado no mesmo lugar o 26 de xaneiro de 2014, foi un destacado escritor mexicano que publicou poesía, crónica, novela, conto, ensaio, crítica literaria e tradución.
Está considerado integrante da chamada xeración do cincuenta ou de medio século, na que tamén se inclúe a Juan Vicente Melo, Inés Arredondo, Juan García Ponce, Huberto Batis, Sergio Pitol, José de la Colina, Salvador Elizondo, Carlos Monsiváis, entre outros. Compartiu a perspectiva cosmopolita que caracteriza os literatos desa xeración, e os temas que abordou nos seus textos van desde a historia e o tempo cíclico, os universos da infancia e do fantástico, até a cidade e a morte.[1][2] A escritura de Pacheco distínguese por un constante cuestionamiento sobre a vida no mundo moderno, sobre a literatura e a súa propia produción artística, así como polo uso dunha linguaxe sen rebuscamentos, accesible.[3]