James Stewart
actor estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
James Maitland "Jimmy" Stewart, nado en Vinnegar Hill (Indiana, Pensilvania) o 20 de maio de 1908 e finado en Beverly Hills, no condado dos Ánxeles (California) o 2 de xullo 1997, foi un actor de cine, teatro e televisión estadounidense gañador do Premio Óscar ó mellor actor, famoso pola súa particular personalidade diante da pantalla. Durante o transcurso da súa carreira actuou en varias películas consideradas clásicos e foi nomeado cinco veces ao Premio Óscar, gañando unha vez en competencia e recibindo un pola súa traxectoria. Tamén tivo unha notable carreira militar alcanzando o grao de Brigadier Xeral na Forza Aérea dos Estados Unidos de América.
Comezou estudando a carreira de arquitecto antes de ser atraído polo teatro na Universidade de Princeton. Os seus primeiros éxitos viñeron como actor no teatro de Broadway, antes de realizar o seu debut en Hollywood en 1935. A carreira de Stewart chegou a ter gran recoñecemento, logo da boa acollida recibida pola súa participación nas películas do director Frank Capra, incluíndo o seu rol que o nomeou ao Premio da Academia en Mr. Smith Goes to Washington. A través das súas sete décadas en Hollywood, (comezou en 1935 e retirouse en 1991) Stewart cultivou unha carreira versátil e recoñecida no cine con clásicos tales como The Philadelphia Story, Harvey, Que fermoso é vivir, A ventá indiscreta, Rope, e Vertixe. É o actor máis representativo da lista de AFI's 100 Years... 100 Movies (10th Anniversary Edition). Desde 2007, 10 das súas películas foron incluídas no United States National Filme Registry.