J. P. Morgan
From Wikipedia, the free encyclopedia
John Pierpont Morgan nado en Hartford (Connecticut) o 17 de abril de 1837 e finado en Roma (Italia) o 31 de marzo de 1913, foi un empresario, banqueiro e coleccionista de arte estadounidense que dominou as finanzas corporativas e a consolidación industrial da súa época.
J.P. Morgan por Carlos Baca-Flor | |
Nome orixinal | (en) John Pierpont Morgan |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 17 de abril de 1837 Hartford, Estados Unidos de América |
Morte | 31 de marzo de 1913 (75 anos) Roma |
Lugar de sepultura | Cedar Hill Cemetery (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Relixión | Igrexa episcopal nos Estados Unidos |
Educación | Universidade de Gotinga - estudo da historia da arte (1854–1856) Boston English High School (en) (1853–1854) Boston English High School (en) (1851–1852) Cheshire Academy (en) (década de 1850–1851) |
Actividade | |
Campo de traballo | Finanzas, banking industry (en) , Investimento e money management (en) |
Lugar de traballo | Nova York (1858–1913) Londres (1857–1858) |
Ocupación | Financeiro, banqueiro |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Frances Louise Tracy |
Fillos | J. Pierpont Morgan (pt) () Frances Louisa Tracy Juliet Pierpont Hamilton (en) () Frances Louisa Tracy Anne Morgan (en) () Frances Louisa Tracy Louisa Pierpont Morgan (en) () Frances Louisa Tracy |
Pais | Junius Spencer Morgan e Juliet Pierpont |
Irmáns | Mary Lyman Morgan (en) , Sarah Spencer Morgan (en) , Junius Spencer Morgan Jr. (en) e Juliet Pierpont Morgan (en) |
Entre as súas actividades destacaron a fusión de Edison General Electric e Thompson-Houston Electric Company para formar a General Electric Company en 1891, o financiamento para a creación da Federal Steel Company (Compañía Federal de Aceiro) e a fusión da Carnegie Steel Company e varias compañías máis do sector do ferro e do aceiro para formar en 1901 a Corporación dos Aceiro dos Estados Unidos. Asociouse co empresario irlandés William Pirrie, dos estaleiros Harland and Wolff, para a fundación do trust navieiro International Mercantile Marine Company.
Legou a maioría da súa colección de arte ao Museo Metropolitano de Arte da cidade de Nova York. A finais da súa carreira, a principios da primeira década de 1900, el e os seus socios tiñan cuantiosos investimentos financeiros en moitas grandes corporacións. En 1901 era un dos homes máis ricos do mundo. Morreu en Roma, Italia, en 1913, deixando a súa fortuna e negocios ao seu fillo, Jack Pierpont Morgan.