![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b3/MountainIztaccihuatlMexico01.jpg/640px-MountainIztaccihuatlMexico01.jpg&w=640&q=50)
Iztaccíhuatl
From Wikipedia, the free encyclopedia
Iztaccíhuatl (do nahuatl "Iztac", branco/a e "cíhuatl", muller) é unha montaña e unha princesa mitolóxica azteca que se converteu en deusa. Este artigo trata das dúas.
Iztaccíhuatl | |
---|---|
![]() Volcán Iztaccíhuatl | |
Altitude: | 5286 m (17.342 pés) |
Localización: | Estado de México-Estado de Puebla, México |
Tipo: | Múltiples volcáns extintos |
Primeiro ascenso: | Época remota anterior aos Aztecas |
Ruta de ascenso máis sinxela: | Ruta dos pés |
Iztaccíhuatl é a terceira montaña máis alta de México, despois do Pico de Orizaba (5.610 m) e o Popocatépetl (5.452 m).
Esta montaña ten varios picos, o máis alto a 5.286 m é o denominado "Pecho". Sobresaen tamén a cabeza e os pés. A silueta da montaña, que case sempre está cuberta de neve, ten forma dunha muller deitada co cabelo estendido para o lado oposto do seu corpo. Por esta razón tamén se coñece a montaña como muller durmida. A montaña Iztaccíhuatl encóntrase a uns 70 km ao sueste da Cidade de México e algunhas veces pode verse desde esta. Anteriormente, cando non existía contaminación na Cidade de México, a montaña Iztaccíhuatl e o seu compañeiro Popocatépetl sempre eran visíbeis, dominando parte de horizonte. Do feito anterior e de que a Cidade de México foi o centro cultural, político e económico, primeiro do Imperio Azteca e agora do país México, xeráronse múltiples expresións artísticas e literarias sobre estas montañas.
O primeiro rexistro de ascenso desta montaña data de 1889, mais a evidencia arqueolóxica indica que os Aztecas e incluso culturas anteriores ascenderon esta montaña.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/ae/Map_mexico_volcanoes.gif/640px-Map_mexico_volcanoes.gif)