Irmáns Wright
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Irmáns Wright, é dicir, Orville Wright, nado o 19 de agosto de 1871 e finado o 30 de xaneiro de 1948, e mais Wilbur Wright, nado o 16 de abril de 1867 e finado o 30 de maio de 1912, son recoñecidos por proxectaren e construíren o primeiro aeroplano funcional e por realizaren o primeiro voo controlado nun aparello máis pesado que o aire, alén doutras realizacións destacábeis da historia da aviación. Con todo, hai algunha polémica canto ao feito de teren ou non sido os primeiros a realizar estas accións, reclamadas por parte doutros individuos e nacións. O caso máis célebre e convincente é o do inventor brasileiro Alberto Santos-Dumont, considerado, principalmente no Brasil, como o creador do primeiro aparello voador "mais pesado que o ar" - o seu 1907 14-Bis, construído en Francia.
(1905) | |
Biografía | |
---|---|
Grupo | dúo de irmáns equipo |
Wilbur Wright (pt) (Millville (pt) , 16 de abril de 1867 - Dayton (pt) , 30 de maio de 1912). Aviador Orville Wright (Dayton (pt) , 19 de agosto de 1871 - Dayton (pt) , 30 de xaneiro de 1948). Inventor | |
Actividade | |
Ocupación | Enxeñeiro de aviación , enxeñeiro de deseño |
Premios |
O 22 de maio de 1908 os Irmáns Wright patentan o seu invento: o aeroplano, na oficina de patentes estadounidenses.
Os irmáns tiñan terminado o avión en 1905 e trataban de vendelo a países: Francia, Inglaterra e os propios Estados Unidos estaban interesados. Pero os irmáns Wright non querían mostrar o avión ata que houbese un contrato asinado con compromiso de compra. Ninguén quería asinar o contrato sen ver os avións (críase que era toda unha fraude porque case ninguén vira aos irmáns voar, máis que nada porque eran uns geeks da época, pouco amigos dos medios de comunicación) e eles non poderían vendelos se o ensinaban a treo.
Dispoñían dunha patente sobre un método de voo, pero resultáralles complicado conseguila e non era garantía de nada, sobre todo fóra dos Estados Unidos.