Irmandade Prerrafaelista
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Irmandade Prerrafelista foi unha asociación de pintores, poetas e críticos ingleses, fundada no ano 1848 en Londres por John Everett Millais, Dante Gabriel Rossetti e William Holman Hunt. A irmandade durou como grupo constituído apenas un lustro, pero a súa influencia deixouse sentir na pintura inglesa ata o século XX. Emprégase o termo prerrafaelismo para caracterizar o movemento pictórico que representan.
Os prerafaelistas rexeitaban a arte académica predominante na Inglaterra do século XIX, centrando as súas críticas en Sir Joshua Reynolds, fundador da Royal Academy of Arts.