Irún
From Wikipedia, the free encyclopedia
Irún[1] (oficialmente e en éuscaro: Irun) é un concello e cidade do norte de España, en Guipúscoa, fronteirizo con Francia, país do que se atopa separado polo río Bidasoa. Forma xunto co veciño concello de Hondarribia a comarca de Bidasoa Beherea.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | País Vasco | |||
Provincia | Guipúscoa | |||
Comarcas | Bidasoaldea | |||
Capital | Irun (en) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 62.920 (2023) (1.470,09 hab./km²) | |||
Lingua oficial | lingua castelá (lingua predominante) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 42,8 km² | |||
Altitude | 20 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Creación | 28 de febreiro de 1776 | |||
Organización política | ||||
• Alcaldesa | Cristina Laborda Albolea (2023–) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 20300–20305 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 20045 | |||
Páxina web | irun.org |
Trátase da segunda cidade máis importante de Guipúscoa tras a súa capital, Donostia, cunha poboación de 62.920 habitantes (INE 2023), aínda que a aglomeración urbana de Irún (a chamada comarca de Bidasoa-Txingudi, que suma as cidades de Hendaia e Hondarribia) supera os 95.000 habitantes.[2]
É a maior desas tres cidades cunha vasta extensión e grandes bloques de vivendas como os barrios de El Pinar, Artia, Dumboa e San Miguel (rúa Hondarribia). Polo seu aspecto dá impresión de ser unha cidade maior do que é. Aínda así, a zona vella non é un, é dicir, os restos están repartidos por todo Irún a causa do incendio provocado en 1936 que destruíu a maior parte da cidade e tivo que reconstruírse.
A economía da cidade vira ao redor da súa importancia como paso fronteirizo entre Francia e España; proba diso é o distrito de Behobia, coa súa impoñente torre de oficinas en construción chamada "torre ZAISA". É o principal paso fronteirizo entre estes dous países xunto coa localidade catalá de La Jonquera. É un importante nó ferroviario, loxístico e de transportes. Conta tamén cun importante comercio e certa industria.