Ionosfera
parte da atmosfera permanentemente ionizada / From Wikipedia, the free encyclopedia
A ionosfera é a parte da atmosfera terrestre ionizada constantemente pola fotoionización que provoca a radiación solar. Abrangue dende o final da mesosfera (a 80 quilómetros de altitude) até os 500 km. Constitúe o límite inferior da magnetosfera, atopándose dentro da termosfera. A ionosfera permite que a atmosfera superior reflicta as ondas de radio emitidas dende a superficie terrestre posibilitando que estas poidan viaxar grandes distancias sobre a superficie da Terra, grazas ás partículas de ións (cargadas de electricidade) presentes nesta capa.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Nas rexións polares, as partículas cargadas chegadas polo vento solar son atrapadas polo campo magnético terrestre, incidindo sobre a parte superior da ionosfera e dando lugar ás auroras.
Está dividida nunha serie de capas ou rexións iónicas, que son:
Capa D
- A máis próxima ao solo, fica entre os 50 e 80 km; é a que absorbe a maior cantidade de enerxía electromagnética.
- Por riba da capa D, embaixo das capas F1 e F2, a súa altitude media é entre os 80 e os 100–140 km. Semellante á capa D.
Capa E Esporádica
- Esta capa ten a particularidade de ficar máis activa canto máis perpendiculares son os raios solares que inciden nela.
F1
- A capa F1 está por riba da capa E e embaixo da capa F2 ~100-140 ata ~200 km. Existe durante os horarios diúrnos.
F2
- A máis alta das capas ionosféricas é a capa F2, que está entre os 200 e 400 km de altitude. Enriba da F1, E, e D respectivamente. É o principal medio de reflexión ionosférico.
Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |