Inundación do mar do Norte de 1953
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Inundación dos Países Baixos en 1953 (en neerlandés "De Watersnood", A Inundación) tivo lugar na noite do 31 de xaneiro ao 1 de febreiro de 1953. Varios diques nas provincias de Zelandia e Holanda Meridional foron incapaces de conter a combinación dunha marea viva e unha severa tormenta do noroeste. Grandes porcións de terra, tanto nas illas costeiras como no continente, resultaron completamente alagadas. Morreron 1835 persoas, así como numerosas cabezas de gando. Aínda hoxe en día moitas persoas lembran ás vítimas da catástrofe cada 1 de febreiro.