Internacionalismo (política)
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Internacionalismo é un movemento político que avoga por unha maior cooperación política e económica entre as nacións para o beneficio mutuo.
Os partidarios deste movemento, como por exemplo os seguidores do Movemento Federalista Mundial, afirman que as nacións deben cooperar entre elas porque os seus intereses mutuos a longo prazo son máis valiosos que os seus intereses individuais a curto prazo. O internacionalismo oponse por natureza ó ultranacionalismo e ó chauvinismo nacionalista, así como ós movementos de globalización estritamente económicos que negan o valor da cultura e as diferenzas entre as nacións. O internacionalismo presupón o recoñecemento do resto das nacións como iguais a pesar de, e respectando, tódalas súas diferenzas. O termo internacionalismo úsase frecuentemente de forma errónea como sinónimo de cosmopolitismo, termo este que é usado á súa vez polos internacionalistas para describir o abuso desta cultura (véxase anacionalismo).