Ilustración escocesa
Período na historia escocesa do século XVIII / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Ilustración escocesa (en inglés Scottish Enlightenment, en escocés Scots Enlichtenment e en gaélico escocés Soilleireachadh na h-Alba) foi un período na historia escocesa do século XVIII caracterizado por unha onda de logros intelectuais e científicos. Daquela, Escocia tiña unha rede de escolas parroquiais nas Lowlands e cinco universidades. A cultura foi orientada cara aos libros,[1] e diariamente tiñan lugar intensos debates en lugares intelectuais de Edimburgo como "The Select Society", e, posteriormente, "The Poker Club", así como nas universidades de Glasgow, Edimburgo e Aberdeen.
Ademais de compartir a visión humanista e racionalista da ilustración europea do mesmo período, os pensadores escoceses facían fincapé na grande importancia da razón humana combinada co rexeitamento de calquera autoridade que non estivese xustificada coa razón. Asemade, mantiveron unha crenza optimista na habilidade humana de crear cambios positivos para a mellora da sociedade e da natureza, guiados só pola razón. Esta último característica deulle á Ilustración escocesa a súa personalidade especial, distinguídoa da contraparte do continente europeo. En Escocia, a Ilustración caracterizouse polo empirismo e a práctica, virtudes eran mellora, onde as virtudes convertíanse en beneficios prácticos para o individuo e a sociedade no seu conxunto.
Os campos que avanzaron axiña son a filosofía, a economía, a enxeñería, a arquitectura, a medicina, a xeoloxía, a arqueoloxía, o dereito, a agricultura, a química e a socioloxía. Entre os pensadores e científicos escoceses deste período atopamos a Francis Hutcheson, David Hume, Adam Smith, Dugald Stewart, Thomas Reid, Robert Burns, Adam Ferguson, John Playfair, Joseph Black e James Hutton.
A Ilustración escocesa tivo efectos alén das fronteiras de Escocia, non só por mor da súa relevancia, senón tamén porque as ideas foron levadas a través do mundo pola diáspora escocesa, e por estudantes americanos que estudaron en Escocia.