Illas Marquesas
From Wikipedia, the free encyclopedia
As Illas Marquesas é un arquipélago na Polinesia Francesa. Recibiron o seu nome do español Álvaro de Mendaña que as descubriu en 1595, chamándoas «Illas Marquesas de Mendoza» en honra ao vicerrei do Perú, García Hurtado de Mendoza e Manríquez, marqués de Cañete. En francés, Îles Marquises.
Îles Marquises (fr) | |||||
Nomeado en referencia a | García Hurtado de Mendoza (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Colectividade | Polinesia Francesa - Polynésie française | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 9.478 (2022) (9,51 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 997 km² | ||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Altitude | 1.230 m | ||||
Punto máis alto | Mont Oave (en) (1.232 m) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Candidato a Patrimonio da Humanidade | |||||
Data | 22 de xuño de 2010 | ||||
Identificador | 5564 | ||||
As illas son o maior arquipélago de todos os que forman a Polinesia Francesa, cuns 1.274 km² e uns 8.712 habitantes en 2002. Pero ese número e moi inferior á poboación estimada para as illas no século XVI, cando existían unhas cen mil persoas. A grande caída de poboación entre os anos 1600 e 1900 deveuse a epidemias de varíola. En 1900 o total de habitantes estaba reducido a dúas mil persoas.
Están situadas entre 700 e 1.000 quilómetros ao sur do ecuador e a uns 1.800 quilómetros ao nordés de Tahití. Divídense en dous grupos: o do norte, ao redor da illa de Nuku Hiva e as pequenas Ua Pou e Ua Huka; e o grupo meridional de Tahuata, Moho Tani e Fatu Hiva, que rodean a illa principal de Hiva Oa.
As marquesas foron inspiración de Herman Melville, cuxas experiencias nas illas foron a base das súas novelas Typee e Omoo.
En lingua marquesana chámase Te Henua (K)enana (na lingua marquesa do norte) e como Te Fenua `Enata (na lingua marquesa do sur) que significa "A terra dos homes". Pero máis exacto sería «o país dos marquesanos». Tamén se utiliza Makuita como equivalente fonético de Marquises.
Nas Illas Marquesas fixaron a súa residencia os artistas de orixe francesa Paul Gauguin e Paul Lapín.