Illa de Hong Kong
From Wikipedia, the free encyclopedia
A illa de Hong Kong é unha illa na zona sur de Hong Kong, China. Ten unha poboación de 1 268 112 habitantes e unha densidade de poboación de 15.915 habitantes/km² (2006). A illa foi tomada polo Reino Unido a comezos da década de 1840, e fundouse a Cidade de Vitoria na illa. A zona central da illa é o núcleo histórico, político e económico de Hong Kong. A costa norte da illa é a costa sur do porto de Vitoria, que xogou un papel moi destacado no desenvolvemento e crecemento de Hong Kong, xa que pola súa profundidade é apropiado para o tráfico de grandes buques.
Illa de Hong Kong (vermella) na Rexión administrativa especial de Hong Kong. | |
Situación | |
---|---|
País | Chile |
Coordenadas | 22°15′18″N 114°11′42″L |
Xeografía | |
Superficie | 80,4 km² |
Punto máis alto | 552 m. Victoria Peak |
Demografía | |
Poboación | 1 268 112 hab. (2006) |
Densidade | 15.915 hab/km² hab./km² |
A illa posúe moitas das vistas máis famosas en Hong Kong, como o pico de Vitoria e o Parque do Océano, así como tamén moitos sitios históricos e varios centros comerciais. As cadeas montañosas que atravesan a illa son utilizadas para a práctica de sendeirismo. A parte norte da illa xunto ao centro urbano de Kowloon forman a principal área urbana de Hong Kong. A extensión combinada de ambos os territorios é de aproximadamente 88,3 km², e a súa poboación combinada é de aproximadamente 3 156 500 persoas, o que reflicte unha densidade de poboación de 37.700 habitantes/km².
A illa ás veces é chamada "o lado da illa" polos locais, en referencia á beira sur do Porto de Vitoria.