Illa de Emirau
From Wikipedia, the free encyclopedia
Emirau, tamén chamada Emira, é unha illa do grupo das illas Mussau no Arquipélago Bismarck. Na actualidade, forma parte da Provincia de Nova Irlanda en Papúa Nova Guinea. A lingua local é un dialecto da Lingua Mussau-Emira. Emira é parte do que en moitos mapas se trazan como Illas San Matías, tamén coñecidas como Illas Mussau, un pequeno grupo ao noroeste do grupo da illa principal de Nova Irlanda. Os primeiros exploradores chamárona Squally Island, nome que aínda se atopa nalgúns rexistros iniciais.
Datos rápidos Emirau / Emira, Situación ...
Emirau / Emira | |
---|---|
Situación | |
País | Papúa Nova Guinea |
Provincia | Provincia de Nova Irlanda |
Arquipélago | Arquipélago Bismarck |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 1°38.5′S 149°58.5′L |
Xeografía | |
Superficie | 50 km² |
Longura máxima | 13 km. |
Largura máxima | 3´2 km. |
Punto máis alto | 37 m. |
Demografía | |
Capital | Pakane |
Poboación | 700 |
Densidade | 14 hab./km² |
Lingua propia | Mussau-Emira |
Pechar