Illa d'en Colom
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Illa d'en Colom é un illote de 58 Ha, separado uns 200 metros da costa nordeste da illa de Menorca, nas Illas Baleares. Antigamente utilizouse como lazareto. Unha parte utilizouse para o cultivo; tamén se intentou a explotación dunha mina de chumbo. É propiedade da familia Roca (natural de Maó) desde 1904, cando don Antonio Roca i Várez a adquiriu nunha poxa. Na actualidade (2005) forma parte do Parque Natural de s'Albufera des Grau.