Illa Santa Catarina
From Wikipedia, the free encyclopedia
A illa de Santa Catarina forma parte do municipio de Florianópolis e sitúase no océano Atlántico, no litoral sur do Brasil, no centro do litoral do Estado de Santa Catarina. Ten preto de 54 km de longo (norte-sur) e un máximo de 18 km de ancho (este-oeste), totalizando unha área de 424 km².
Máis información Santa Catarina, Localización ...
Santa Catarina | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Localización | |||||
Datos | |||||
Capital | |||||
País | Brasil | ||||
Linguas | |||||
Poboación (2006) | 315.000 hab. | ||||
Superficie | 424 km² | ||||
Densidade | 741´4 hab/km² | ||||
Coordenadas | 27°33′06″S 48°28′44″O | ||||
Maior Altura | 532 m. Morro do Ribeirão |
Pechar
Un 97,23% do municipio de Florianópolis, capital do Estado, atópase na illa de Santa Catarina.
É a maior illa dun arquipélago constituído por máis de 20 illas.
A illa esta unida ao continente por tres pontes que atravesan unha canle de 500 m de ancho e ata 28 m de profundidade. O estreito formado na parte máis angosta divide as baías sur e norte.
O punto máis elevado da illa é o morro de Ribeirãou dá Ilha, con 532 m de altitude.