Illa Grossa
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Illa Grossa (en castelán: Columbrete Grande) é a maior das Illas Columbretes, pertencentes ao municipio de Castelló de la Plana, en España, cunha superficie de 14 hectáreas. Dista uns 60 km da Costa do Azahar.
Illa Grossa | |
---|---|
Columbrete Grande | |
A Illa Grossa, a máis setentrional do mapa. | |
Situación | |
País | España |
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana |
Provincia | Castelló |
Arquipélago | Illas Columbretes |
Mar | Mediterráneo |
Coordenadas | 39.54, -00.41 |
Xeografía | |
Superficie | 0,14 km² |
Punto máis alto | 67 m |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
A illa está asociada a un proceso de rifting activo desde o Mioceno inferior, predominando os materiais basálticos. Está formada por varios cráteres encadeados; a forma resultante é unha sorte de media elipse de 1 km de diámetro de media que ten dúas elevacións principais ou outeiros unidos polos restos dun cráter. O círculo está parcialmente pechado por outros illotes como Mancolibre, La Senyoreta, el Mascarat e Trenca Timons. A enseada que queda no medio chámase Porto Tofiño. O monte máis alto, situado ao norte do illote, recibe o nome de monte Colibrí. Forma parte xunto con todo o arquipélago dun parque natural autonómico.
No século XIX prendeuse lume ao illote para acabar coas serpes e instalouse un faro a 67 metros de altitude, o punto máis alto do arquipélago, habitado por fareros ata 1975, data en que se automatiza. A partir de entón está deshabitada a excepción do persoal do servizo de vixilancia que establece a Generalitat Valenciana. As serpes eran propias das illas, xa que os seus nomes orixinais (Ophiusa ou Columbraría), déronllo os navegantes gregos e romanos por mor da abundancia dos réptiles. Durante algún tempo refuxiáronse na illa piratas e contrabandistas.
Varias empresas organizan visitas en barco á illa e inmersións de submarinismo.