Ikurriña
bandeira do pobo vasco / From Wikipedia, the free encyclopedia
A ikurriña[1] (en éuscaro: ikurrina,[2] e cuxa pronunciación é igual cá anterior) é a bandeira do pobo vasco[3] e símbolo oficial da comunidade autónoma do País Vasco. Esta bandeira consiste nunha cruz branca sobre unha cruz verde oblicua sobre un campo vermello. Foi deseñada en 1894 polos irmáns Luis e Sabino Arana Goiri.