Igrexa católica bizantina ucraína
Igrexa particular católica de rito bizantino / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Igrexa católica bizantina ucraína, ou Igrexa greco-católica ucraína (en ucraíno: Українська греко-католицька церква, Ukrainska hreko-katolytska tserkva), é a maior Igrexa particular oriental da Igrexa católica. O primado da Igrexa é o arcebispo maior de Kíiv-Galicia e toda a Rus. A Igrexa é unha das sucesoras da aceptación do cristianismo polo gran príncipe Vladímir o Grande de Kíiv, en 988. A Igrexa tense estendido coa diáspora ucraína, e a día de hoxe ten uns 40 xerarcas nunha ducia de países en catro continentes, incluíndo outros tres bispos metropolitanos en Polonia, os Estados Unidos e o Canadá. Dende marzo de 2011 o arcebispo maior é Sviatoslav Shevchuk. Dentro da propia Ucraína, o catolicismo é unha confesión minoritaria, a segunda a distancia da maioría ortodoxa. En canto ao número de fieis, a Igrexa católica ucraína é a terceira igrexa do país, logo da Igrexa ortodoxa ucraína do patriarcado de Moscova e da Igrexa ortodoxa ucraína do patriarcado de Kíiv.
Igrexa greco-católica ucraína Українська греко-католицька церква (Ukrainska hreko-katolytska tserkva) | |
---|---|
Historia | |
Fundación | 988 (implantación do cristianismo en Ucraína) 1595 (Unión de Brest) |
Motivo | Volta á comuñón coa Santa Sé da Igrexa rutena |
Separada de | Igrexa ortodoxa |
Parte de | Igrexa católica |
Goberno | |
Tipo de goberno | Episcopal |
Papa | Francisco |
Arcebispo maior | Sviatoslav Shevchuk |
Estrutura | Estruturada en 30 dioceses |
Clasificación | |
Grupo | Catolicismo |
Orientación | Cristianismo oriental |
Demografía e cultura | |
Fieis | máis de 4 200 000 |
Países | Ucraína, Polonia, América do Norte, América do Sur, Europa |
Linguas litúrxicas | Eslavo eclesiástico, ucraíno e demais linguas vernáculas |
Ritos litúrxicos | Bizantino |
Outros datos | |
Sede central | Kíiv |
Páxina web | ugcc.org.ua |