Hymne Monégasque
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Hymne Monégasque (do francés: Himno monegasco) é o himno oficial do Principado de Mónaco. Ten dúas letras, unha en francés, lingua oficial do principado, e outra en monegasco, lingua vernácula local.
Hymne Monégasque | |
---|---|
En galego: Himno monegasco | |
Himno de | Mónaco |
Letra | Louis Notari 1931 |
Música | Charles Albrecht 1896 |
Adoptado | 1848 |
Mostra da música | |
Tivo varias versións: unha primeira versión foi composta e escrita en francés por Theophile Bellando en 1841. Foi adoptada como marcha pola Garda Nacional en 1848. En 1896 Charles Albrecht compuxo unha nova versión para piano, da que máis tarde se fixo unha versión para orquestra. Deixou de interpretarse cara a 1900 por ser considerada demasiado longa. A actual versión foi creada por Léon Jehin en 1914 e tocouse por vez primeira nos actos de conmemoración dos 25 anos de reinado do príncipe Alberte. Finalmente, en 1931, Louis Notari escribiu a letra en monegasco. Normalmente, debido á rapidez da música, a segunda estrofa entre os dous refráns non se canta.