Hugh Jackman
actor e produtor australiano / From Wikipedia, the free encyclopedia
Hugh Michael Jackman, nado en Sidney o 12 de outubro de 1968, é un actor e produtor australiano. Jackman gañou recoñecemento internacional polos seus papeis en grandes producións, interpretando a superheroes e personaxes de romances. É coñecido polo seu papel de Lobeto na serie de filmes de X-Men, así como por protagonizar Kate & Leopold, Van Helsing, O prestixio, Australia, Real Steel, Les Misérables e Prisoners. O seu traballo en Les Misérables valeulle o seu primeiro nomeamento ós Premios Oscar como mellor actor e o seu primeiro Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musical en 2013. Tamén é cantante, bailarín e actor de musicais, e gañou un Tony polo seu papel en The Boy from Oz.
Catro veces presentador dos Premios Tony, gañando un Emmy polas súas aparicións, Jackman tamén presentou a 81ª edición dos Oscar o 22 de febreiro de 2009.