Historia do Reino Unido
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Reino Unido é o estado soberano constituído polos territorios históricos de Gran Bretaña: Inglaterra, Escocia e Gales, así como Irlanda do Norte, no nordeste da illa de Irlanda. O Reino Unido posúe ademais tres Dependencias da Coroa e catorce territorios de ultramar que non son constitucionalmente parte do estado. Estes territorios son vestixios do Imperio Británico, que alcanzou a súa máxima extensión en 1922, cubrindo case un cuarto da superficie emerxida do mundo, que o converte no imperio máis extenso da historia.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
- Para períodos anteriores a 1707, véxase Historia de Inglaterra, Historia de Irlanda, Historia de Gales e Historia de Escocia, respectivamente
- Para o período entre 1707 e 1801, consultar Historia de Gran Bretaña
O estado comezou a tomar a súa forma actual coa Lei de Unión en 1707, que uniu o Parlamento de Inglaterra co Parlamento de Escocia para crear o unificado "Reino de Gran Bretaña". Posteriormente, a Lei de Unión de 1800 xuntou o Reino de Gran Bretaña co Reino de Irlanda para crear o "Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda".
En 1922, o Estado Libre Irlandés conseguiu a súa independencia, deixando Irlanda do Norte como parte integrante do Reino Unido. Como resultado, dende 1927 o título formal de Gran Bretaña é "O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte" (The United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland).