Historia de América
From Wikipedia, the free encyclopedia
A historia de América é a historia dos pobos de Norteamérica, América Central, Suramérica e o Caribe. Comeza coa inmigración cara a estas rexións de pobos posiblemente de Asia ou de Oceanía durante a Idade do xeo; a cal, cando acabou, rompeu o contacto entre este continente e o resto dos continentes por milenios.
A maioría dos ascendentes dos pobos amerindios de Norteamérica foron pobos cazadores inmigrantes que inmigraron polo Estreito de Bering, que durante a Idade de xeo estivo conxelado permitindo o paso a pé. Os amerindios paleolítico probablemente seguiron aos mamuts e outros animais que cazaban. Nesta rexión desenvolvéronse numerosas civilizacións, como no Antigo Mundo, pero séculos despois, como as civilizacións cahokia, zapoteca, tolteca, olmeca, azteca. Todas estas civilizacións, salvo a civilización cahokia, conformaron unha rexión histórica coñecida como Mesoamérica. Esta rexión inclúe parte da América Central onde se desenvolveu a civilización maia.
Os ascendentes dos pobos amerindios suramericanos quizais inmigraron des de Norteamérica, ou de Oceanía, mediante balsas. En Suramérica desenvolvéronse a cultura do chavín, a civilización chimú e a civilización inca, que estendeu o seu dominio do Perú cara á Chile e a Arxentina.