Henrique V de Inglaterra
From Wikipedia, the free encyclopedia
Henrique V de Inglaterra foi un rei inglés nado no castelo de Monmouth o 16 de setembro de 1387, como segundo fillo —o primoxénito, Eduardo, morrera ó nacer en 1382— de Henrique, duque de Lancaster —despois Henrique IV— e de María de Bohun. Ó acceder ó trono seu pai, tras depoñer a Ricardo II (1399), converteuse en príncipe de Gales e herdeiro do trono inglés.
Nome orixinal | (en) Henry V |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 16 de setembro de 1386 Castelo de Monmouth (pt) |
Morte | 31 de agosto de 1422 (35 anos) Castelo de Vincennes, Francia |
Causa da morte | disentería |
Lugar de sepultura | Abadía de Westminster |
Monarca de Inglaterra | |
20 de marzo de 1413 – 31 de agosto de 1422 (finado no cargo) ← Henrique IV de Inglaterra – Henrique VI de Inglaterra → | |
Señor de Irlanda | |
20 de marzo de 1413 – 31 de agosto de 1422 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Inglaterra |
Educación | The Queen's College (pt) |
Actividade | |
Ocupación | político |
Carreira militar | |
Conflito | Siege of Meaux (en) , Siege of Harfleur (en) e Batalla de Agincourt |
Outro | |
Título | Duque |
Familia | Casa de Lancaster |
Cónxuxe | Catarina de Valois (1420 (Gregoriano)–) |
Fillos | Henrique VI de Inglaterra |
Pais | Henrique IV de Inglaterra e Maria de Bohun (pt) |
Irmáns | Xoán de Lancaster, Humphrey, Duque de Gloucester (pt) , Tomás de Lencastre, Duque de Clarence (pt) , Filipa da Inglaterra (pt) e Branca de Inglaterra (pt) |
Premios | |
Henrique V foi nomeado cabaleiro en dúas ocasións. A primeira foi ós 12 anos de idade, no medio dun campo de batalla irlandés (1399), pola espada de Ricardo II. O rei inglés levaba o mozo Henrique ó combate en calidade de refén para garantir o bo comportamento do seu pai Henrique de Lancaster, opositor político da coroa. Prisioneiro e todo, o rapaz demostrou o seu valor contra os rebeldes irlandeses, o que lle valeu este primeiro recoñecemento. A segunda vez, foi polo seu pai Henrique IV (que xa derrocara e fixera asasinar a Ricardo II e usurpara o trono), un día antes da coroación daquel e da súa propia ascensión ó Principado de Gales.
Ó ano seguinte, 1400, Henrique IV mandou o seu fillo a reprimir unha gran rebelión dun xefe galés que reclamaba para si o principado. En menos de dous anos, o mozo conseguiu sufocar a rebelión, incluíndo os exércitos de dous xefes ingleses que se pregaran a ela. Dos guerreiros galeses aprendería Henrique as tácticas guerrilleiras que máis tarde aplicaría en Francia.