Híbrido grizzly-oso polar
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un híbrido grizzly-oso polar (tamén chamado con nomes mixtos como oso grolar, polar grizz, polizzle, oso pizzly[1][2], grizzlar ou nanulak) é un raro úrsido híbrido que se pode orixinar en catividade e na natureza pola hibridación desas dúas especies de oso. En 2006, a presenza deste híbrido na natureza foi confirmada por tests de ADN feitos a un oso de aparencia rara cazado preto de Sachs Harbour, Territorios do Noroeste na illa Banks no Ártico canadense. Desde entón, o número de híbridos confirmados ascende a oito, todos os cales son descendentes dun mesmo individuo femia de oso polar.[3] Informouse de posibles híbridos salvaxes de oso polar e oso grizzly cazados no pasado, pero daquela non se dispoñía de tests de ADN para confirmar a ascendencia deses osos.
Híbrido grizzly-oso polar | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Híbrido oso polar/pardo no Zoo de Osnabrück, Alemaña | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
|
A análise xenética revelou múltiples exemplos de hibridación introgresiva entre especies de oso,[4][5][6] incluíndo a introgresión de ADN de oso polar en osos pardos durante o Plistoceno ("oso grizzly" é un nome local común en Norteamérica par Ursus arctos, mentres que "oso pardo" é máis utilizado internacionalmente e en ciencia para referirse á especie no seu conxunto).[7]