Guerra de Devolución
From Wikipedia, the free encyclopedia
A guerra de Devolución (1667-1668) foi un conflito bélico entre España e Francia que ganou esta última.[1] Iniciouse coa invasión de Lois XIV aos Países Baixos españois, baixo o pretexto de que non se pagara o dote da súa esposa María Tareixa. En realidade, seguía a política de Richelieu de afastar a fronteira da corte de París a costa dos Países Baixos españois. As prazas fortes caeron nunha serie de brillantes manobras. Con gran vantaxe numérica, os franceses realizaron un paseo militar que lles permitiu apoderarse dunha serie de importantes prazas, sendo Lille a principal delas.[1]
O príncipe de Condé ocupou o Franco Condado cun exército de 72 000 homes,[2] (Catorce mil segundo Rodríguez Hernández).[3] ante a negativa de España a negociar, en febreiro de 1668.[1] España non tiña medios para resistir,[4] polo que confiaba na axuda internacional. As Provincias Unidas dos Países Baixos, Inglaterra e Suecia, que no vían ben a expansión francesa, formaron a Tripla Alianza nórdica e protestante, e Lois XIV prefiriu tratar en condicións moderadas.
Polo Tratado de Aquisgrán de maio de 1668,[1] España recuperou o Franco Condado e cedeu Lille, Tournai, Charleroi outras prazas flamengas. España empezaba a súa decadencia como gran potencia e renunciaba a Portugal. Francia foi a gran beneficiada.