Grao académico
distinción dada por algúnha institución educativa / From Wikipedia, the free encyclopedia
Un grao académico, titulación académica ou título académico, é unha distinción dada por algunha institución educativa, xeralmente despois da terminación con éxito dalgún programa de estudos.
Porén, esta denominación adoita utilizarse para denominar máis concretamente ás distincións de rango universitario, que tamén se denominan titulación superior ou titulación universitaria.
En Europa, despois da entrada en vigor do chamado Espazo Europeo de Educación Superior, a titulación de grao substituíu a outras que quedaron obsoletas, como a superior de licenciado ou as de grao medio de diplomado ou enxeñeiro técnico.