Granada, Nicaragua
cidade de Nicaragua / From Wikipedia, the free encyclopedia
Granada é unha cidade de Nicaragua. Actualmente conta con 110.536 habitantes, na súa maioría descendentes europeos e mestizos. É a cabeceira do Departamento de Granada.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Granada (homónimos).
Situada na ribeira do Lago Cocibolca, foi fundada en 1524 por Francisco Hernández de Córdoba e unha das primeiras cidades fundadas en territorio continental americano.
Tamén é coñecida como "La Gran Sultana", pola súa aparencia mourisca e andaluza, a diferenza de León, a súa cidade rival histórica, a cal ten tendencias máis castelanistas.