Gran Premio de Qatar de 2023
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Premio de Qatar de Fórmula 1 de 2023 (oficialmente Qatar Airways Qatar Grand Prix 2023) foi unha carreira de Fórmula 1 que se disputou o 8 de outubro de 2023 no Circuíto Internacional de Losail de Doha, Qatar. Esta foi a segunda edición do Gran Premio de Qatar que contou para o Campionato do Mundo de Fórmula 1 e a décimo sétima proba do Campionato de 2023. Foi o cuarto fin de semana de Gran Premio da tempada en utilizar o formato de sprint. Max Verstappen gañou o seu terceiro Campionato de Pilotos consecutivo durante o sprint despois de que o seu compañeiro de equipo Sergio Pérez Mendoza chocase.
Detalles da carreira | ||
---|---|---|
Carreira 17 de 22 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2023. | ||
Trazado do circuíto | ||
Data | 8 de outubro 2023 | |
Nome oficial | Qatar Airways Qatar Grand Prix 2023 | |
Localización | Losail, Doha, Qatar | |
Percorrido | Percorrido permanente de carreira 5´380 km | |
Distancia | 57 voltas, 306´660 km | |
Clima | Carreira nocturna, 31,5 °C ambientais e 37,4 °C no asfalto, humidade relativa do 75 %. vento sopra a 0,8 km/h. | |
Pole position | ||
Piloto | Max Verstappen | Red Bull Racing-Honda RBPT |
Tempo | 1:23.778 | |
Volta rápida | ||
Piloto | Max Verstappen | Red Bull Racing-Honda RBPT |
Tempo | 1:24.319 na volta 56 | |
Podio | ||
Primeiro | Max Verstappen | Red Bull Racing-Honda RBPT |
Segundo | Oscar Piastri | McLaren-Mercedes |
Terceiro | Lando Norris | McLaren-Mercedes |
Verstappen asegurou a pole position para a carreira durante a cualificación, antes de terminar terceiro na carreira ao sprint detrás dos pilotos de McLaren Oscar Piastri primeiro e Lando Norris segundo, o primeiro dos cales chegou a gañar o sprint.