Gran Premio de Alemaña de 1968
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Premio de Alemaña de Fórmula 1 de 1968 (formalmente o XXX Großer Preis von Deutschland) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou en Nürburgring o 4 de agosto de 1968. A carreira, disputada sobre 14 voltas, foi a oitava rolda da tempada de Fórmula Un de 1968.
Datos rápidos Detalles da carreira, Pole position ...
Detalles da carreira | ||
---|---|---|
Carreira 8 de 12 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1968. | ||
Trazado do circuíto de Nürburgring. | ||
Data | 4 de agosto de 1968 | |
Nome oficial | XXX Grosser Preis von Deutschland | |
Localización | Nürburgring, Nürburg, Alemaña | |
Percorrido | Percorrido permanente de carreira 22´835 km | |
Distancia | 14 voltas, 319´690 km | |
Clima | Nubrado, mollado | |
Pole position | ||
Piloto | Jacky Ickx | Ferrari |
Tempo | 9:04.0 | |
Volta rápida | ||
Piloto | Jackie Stewart | Matra-Ford |
Tempo | 9:36.0 na volta 8 | |
Podio | ||
Primeiro | Jackie Stewart | Matra-Ford |
Segundo | Graham Hill | Lotus-Ford |
Terceiro | Jochen Rindt | Brabham-Repco |
Pechar
A carreira levouse a cabo en condicións extremadamente húmidas e con néboa, o piloto británico Jackie Stewart, competindo cunha fractura na boneca, gañou a carreira cunha vantaxe de catro minutos.
A carreira tamén destaca porque Dan Gurney usou un casco integral, converténdose no primeiro piloto en facelo nun Gran Premio.[1]