Grafoloxía
From Wikipedia, the free encyclopedia
A grafoloxía é unha pseudociencia[1] que se centra na investigación de certas cualidades individuais ou mesmo do carácter do escribente mediante a súa caligrafía e a sinatura. Mentres moitos a consideran unha sorte de adiviñación sen base científica, outros cren firmemente nos seus resultados. O certo é que algunhas das súas conclusións son verificables.[Cómpre referencia] Para a análise xeral estúdanse certos detalles da escrita, entre os que destacan:
- a dirección e distancia entre alíneas;
- a forma das letras e dos seus trazos (curvas, rectas, círculos pechados);
- a inclinación de cada letra particular;
- a elaboración e espontaneidade na escrita;
- a lexibilidade, tanto na escrita coma na sinatura;
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
En termos xerais, pódese dicir que a parte superior do papel é o mundo espiritual ou das ideas, do idealismo, mentres que a parte inferior é o pragmatismo e a vida material. Do mesmo xeito, as direccións na dirección do avance da liña (de esquerda a dereita) son o futuro mentres que o contrario (o retroceso) é o pasado.
Certas letras son coñecidas por evidenciar certos aspectos da personalidade. Así, por exemplo:
- a letra g amosa a vida sexual;
- o t transparenta a vida familiar e a protección ós fillos e achegados;
- o ñ e outras letras con diacríticos dan conta do detallismo; etc.