Admiral Graf Spee
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Admiral Graf Spee foi un dos buques de guerra alemáns máis famosos da segunda guerra mundial, xunto co acoirazado Bismarck. O seu tamaño estaba limitado ao dun cruceiro polo Tratado de Versalles, pero estaba máis fortemente armado debido ás novidosas técnicas de aforro de peso usadas na súa construción. A súa velocidade máxima de 28 nós (52 km/h) provocaba que só un escaso número de naves francesas e británicas fosen o suficientemente rápidas e poderosas para poder alcanzalo e afundilo.[1]
Admiral Graf Spee | |
---|---|
O Admiral Graf Spee en 1936 | |
Historial | |
Estaleiro | Kriegsmarinewerft Wilhelmshaven |
Clase | clase Deutschland |
Tipo | cruceiro |
Autorizado | 23 de agosto de 1932 |
Posta en grella | 1 de outubro de 1932 |
Botado | 30 de xuño de 1934 |
Asignado | 6 de xaneiro de 1936 |
Baixa | 17 de decembro de 1939 |
Destino | afundido pola tripulación |
Características xerais | |
Desprazamento | 12 100 t estándar 16 200 t carga máxima |
Eslora | 186 m |
Manga | 21,6 m |
Puntal | 7,4 m |
Sensores | rádar tipo Fumo 22 |
O cruceiro levou a cabo cinco patrullas de non intervención durante a Guerra civil española entre 1936 e 1938, e participou na coroación do rei Xurxo VI do Reino Unido en maio de 1937. Semanas previas ao comezo da segunda guerra mundial foi enviado ao Atlántico sur para asaltar as rutas de comercio en canto empezara o conflito e, a partir de setembro de 1939 e en dous meses e medio, afundiu nove barcos mercantes aliados, cun total de 50 893 toneladas. Numerosos grupos de caza británicos foron organizados para atopalo, dando con el finalmente tres cruceiros británicos e neozelandeses en decembro de 1939. Produciuse entón a Batalla do río da Prata, durante a cal o Graf Spee foi danado. Atracou para facer reparacións no porto neutral de Montevideo, pero foi forzado polas leis internacionais a abandonalo en 72 horas. Debido ás poucas posibilidades que cría que tiña contra as forzas aliadas, o capitán decidiu afundir o barco, o 17 de decembro de 1939, antes de arriscar as vidas dos seus tripulantes.