Gorgona, Italia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Gorgona é a illa máis setentrional do Arquipélago Toscano, un grupo de illas da costa oeste de Italia. Entre Córsega e Livorno, esta diminuta illa é moi valorada pola súa fauna, especialmente polas aves mariñas, e o seu illamento. O resultado deste illamento foi a fundación da Abadía de Gorgona na Idade Media. Tras o seu peche os terreos do mosteiro e os seus edificios foron asignados como parte dunha colonia penal agrícola, que está actualmente en uso.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Gorgona.
Datos rápidos Situación, País ...
Gorgona | |
---|---|
Urgon | |
Vista da illa | |
Localización da illa | |
Situación | |
País | Italia |
Comuna | Livorno |
Provincia | Livorno |
Arquipélago | Arquipélago Toscano |
Mar | Mar Mediterráneo |
Coordenadas | |
Xeografía | |
Superficie | 2,23 km² |
Longura máxima | 2,15 km. |
Largura máxima | 1,65 km |
Perímetro | 8 km |
Punto máis alto | 254 m. Punta Gorgona |
Distancia a terra | 37 km |
Demografía | |
Poboación | 79 prisioneiros, 47 policías, uns cantos funcionarios do Ministerio de Xustiza italiano e outros residentes herdeiros dos antigos colonos (2012) |
Lingua propia | Italiano |
Pechar