Gnatóstomos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os gnatóstomos (Gnathostomi) ou gnatostomados (Gnathostomata) [2] é o grupo dos vertebrados con mandíbulas.
Gnatostomados Gnathostomata Rango fósil: ordovícico superior - actualidade | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Os gnatostomados son os vertebrados con mandíbulas. Na foto, cranio de candorca (Orcinus orca) | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Clases | |||||||||||||||
|
O termo, do latín científico, está formado polos elementos gantho- (do grego γνάθος gnáthos, "mandíbula") e -stomata (plural de -stoma, do grego στόμα stóma, "boca"), é dicir, "os que teñen a boca con mandíbulas".
Trátase dun amplo e heteroxéneo grupo que abarca os peixes propiamente ditos, os réptiles, os anfibios, as aves e os mamíferos, comprendendo aproximadamente 60 000 especies, que representan o 99 % de todos os vertebrados vivos.
O grupo foi considerado tradicionalmente como unha superclase, dividida en tres clases de organismos que deominamos xenericamente peixes:
- os condrictios (Chondrichthyes) ou peixes cartilaxinosos,
- os placodermos (Placodermi), un extinto clado de peixes acoirazados, e
- os teleóstomos (Teleostomi) ou peixes óseos (ademais das coñecidas clases dos anfibios, réptiles, aves e mamíferos).
Algúns sistemas de clasificación usaron o termo anfirrinos (Amphirhina).
É un clado irmán dos craniados sen mandíbula, os ágnatos (Agnatha).
Novos achados fósiles suxiren que os telodontos (Thelodonti) son os parentes máis achegados aos gnatostomados.[3]
Os gnatostomados apareceron no perídodo ordovícico (hai case uns 500 millóns de anos) e fixéronse comúns no Devoniano (hai uns 440 millóns de anos).