Giulio Cesare (ópera)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Giulio Cesare in Egitto (en galego Xulio César en Exipto), tamén denominada simplemente como Giulio Cesare (en galego, Xulio César), é unha ópera en tres actos con música de Georg Friedrich Händel e libreto en italiano de Nicola Francesco Haym quen empregou un libreto anterior de Giacomo Francesco Bussani musicado por Antonio Sartorio (1676). O libreto baséase dun xeito moi libre a chegada de Xulio César a Alexandría logo da batalla de Actium, e a súa relación con Cleopatra. Foi composta para a Royal Academy of Music.
Manuscrito da primeira edición (1724). | |
Forma | Ópera |
---|---|
Actos e escenas | 3 actos |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Nicola Francesco Haym |
Fontes literarias | Adaptado dun libreto de G. F. Bussani |
Estrea | 20 de febreiro de 1724 |
Teatro da estrea | Dorset Garden Theatre |
Lugar da estrea | Londres |
Duración | 3 horas 15 minutos[1] |
Música | |
Compositor | Georg Friedrich Händel |
Personaxes | |
Giulio Cesare (mezzosoprano ou contralto)[2] |
A ópera foi estreada o 20 de febreiro no Dorset Garden Theatre de Haymarket (Londres) coa famosa soprano Francesca Cuzzoni e o castrato Francesco Bernardi Senesino e foi un éxito inmediato, un dos máis grandes de Händel. En vida do compositor volveuse representar en 1725, 1730 e 1732; tamén se representou en París, Hamburgo e Brunswick. Como a meirande parte das óperas de Händel, Giulio Cesare caeu no esquecemento no século XIX, e non foi ata 1922 cando se volveu representar en Göttingen. Coa recuperación da música barroca a partir dos anos '50, converteuse nunha das óperas máis populares de Händel.
Os papeis principais de Giulio Cesare, Sesto e Tolomeo foron escritos para castrati. Actualmente estes papeis adoitan ser interpretados por contraltos ou contratenores, aínda que ás veces Giulio Cesare transpórtase a barítono. Está considera unha das mellores óperas de Händel e de todo o repertorio clásico, que destaca polas súas partes vogais, de grande profundidade. É o exemplo máis significativo do ideal heroico e de demostración efectiva de toda a arte e a experiencia que Händel acumulara ata aquela.