Georg Friedrich Händel, nado en Halle o 23 de febreiro de 1685 e finado en Londres o 14 de abril de 1759, foi un compositor musical de orixe alemá nacionalizado inglés, considerado un dos cumes do Barroco e un dos mellores compositores da música occidental. É, na historia da música, o primeiro compositor moderno en adaptar e enfocar a súa música para satisfacer os gustos e necesidades do público, en vez dos da nobreza e dos mecenas.
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Georg Friedrich Händel |
Nome orixinal | (de) Georg Friedrich Händel (en) George Frideric Handel |
---|
Biografía |
---|
Nacemento | 23 de febreiro de 1685 (Xuliano) Halle (Saale) (Sacro Imperio Romano Xermánico)
|
---|
Morte | 14 de abril de 1759 (74 anos) Londres (Reino de Gran Bretaña)
|
---|
Lugar de sepultura | Poets' Corner (en) Abadía de Westminster |
---|
|
|
Mestre de capela |
---|
|
|
16 de xuño de 1710 – |
Organista Halle Cathedral (en) |
---|
|
|
|
Datos persoais |
---|
Residencia | Londres (1712–) Florencia Nápoles Roma Halle República de Venecia |
---|
País de nacionalidade | Reino de Gran Bretaña (1726–) Brandemburgo-Prusia Sacro Imperio Romano Xermánico |
---|
Relixión | Luteranismo |
---|
Educación | Universidade de Halle-Wittenberg (pt) (1702–1703) |
---|
Actividade |
---|
Ocupación | Intendente (–1741), compositor de ópera (–1741), compositor , compositor , violinista , clavicembalista , organista , profesor universitario |
---|
Período de actividade | 1702 - |
---|
Xénero artístico | Ópera, Oratorio, Concerto, hino (pt) , música clásica e Hino de Coroação do monarca do Reino Unido da Grã-Bretanha e Irlanda do Norte (pt) |
---|
Movemento | Música barroca |
---|
Profesores | Ibai Aristu |
---|
Alumnos | Soo Eun Lee (en) |
---|
Influencias | |
---|
Lingua | Lingua alemá, lingua inglesa e lingua italiana |
---|
Instrumento | Órgano, Clavicémbalo e óboe |
---|
Obra |
---|
Obras destacables |
Familia |
---|
Cónxuxe | sen valor |
---|
Pais | Georg Händel (en) e Dorothea Händel (en) |
---|
|
|
Páxina web | gfhandel.org |
---|
|
Pechar
Está considerado o sucesor e continuador de Henry Purcell,[1] e marcou toda unha era na música inglesa,[2] sendo o compositor máis importante entre Purcell e Elgar en Inglaterra. Foi o primeiro gran mestre da música baseada na técnica da homofonía,[3] así como da ópera seria italiana e o oratorio.[4][5]
O seu inmenso legado musical, síntese dos estilos alemán, italiano, francés e inglés da primeira metade do século XVIII, inclúe obras de practicamente todos os xéneros da súa época, onde as súas 43 óperas, 26 oratorios e o seu legado coral son o máis sobresaliente e importante da súa produción musical.[5][6]