Gaviálidos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os gaviálidos (Gavialidae) son unha familia de réptiles da orde Crocodilia. Os Gavialidae considerouse convencionalmente que estaba formados por unha especie viva, o gavial (Gavialis gangeticus), nativo do subcontinente Indio, e moitas especies extinguidas fósiles. Ademais, o falso gavial (Tomistoma schlegelii) é outra especie viva que moitos autores viñan considerando que formaba parte da familia Crocodylidae baseándose en varios caracteres como a morfoloxía do cranio, pero outros incluíana dentro dos gaviálidos polas súas semellanzas xerais en morfoloxía e hábitos co gavial. Porén, numerosos estudos moleculares mostran de forma consistente que o gavial e o falso gavial están emparentados de maneira relativamene próxima, o que apoia a idea de que ambos son da mesma familia.[1]
Gaviálidos Rango fósil: Eoceno-Actual (desde hai 55 millóns de anos) | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
O gavial (Gavialis gangeticus) | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Subfamilias | |||||||||||
Ver texto |
Os gaviálidos son grandes réptiles semiacuáticos que lembran a crocodilos, pero que teñen fociños moito máis delgados. O gavial usa o seu fino fociño para capturar peixes, xa que carece de forza mandibular para capturar grandes mamíferos, como os que poden comer os crocodilos e aligátores de similar tamaño. O falso gavial come peixes, pero ten unha dieta algo máis variada.[2]