Gastrólito
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un gastrólito (en grego 'pedras do estómago') é unha pedra que se encontra dentro do tracto gastrointestinal. Nalgunhas especies os gastrólitos retéñense na moella muscularizada do animal e úsanse para esmoer os alimentos en animais que carecen de dentes axeitados para triturar. Noutras especies estas pedras despois de seren inxeridas pasan a través do sistema dixestivo, son expulsadas e frecuentemente substituídas. O tamaño de gran destas pedras depende do tamaño do animal e o papel dos gastrólitos na dixestión. Documentáronse partículas desde o tamaño de areas a cantos do tamaño de lastros. Outras especies usan os gastrólitos como lastre para controlar a flotación.