Fukuoka SoftBank Hawks
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Fukuoka SoftBank Hawks (福岡ソフトバンクホークス, Fukuoka Sofutobanku Hōkusu?) son un equipo profesional xaponés de béisbol con sede en Fukuoka, Prefectura de Fukuoka (Kyūshū). O club compite na Nippon Professional Baseball (NPB) como membro da Pacific League. O equipo durante décadas tivo a súa sede en Osaca, levando o nome de Nankai Hawks. En 1988, Daiei, unha empresa de supermercados, comprou o club á empresa ferroviaria Nankai e trasladou a sede a Fukuoka, cidade que carecía de equipo de bésibol profesional desde a saída dos Lions en 1979. O 28 de xaneiro de 2005 o equipo mudou de novo de donos ao ser adquirido pola empresa de telecomunicacións SoftBank. Os Hawks son o terceiro equipo con máis trofeos das Series do Xapón tras os Yomiuri Giants e os Saitama Seibu Lions. O campo onde xogan os seus partidos como local desde 1993 é o Fukuoka Dome, recinto con capacidade para 38.561 espectadores.
Fukuoka SoftBank Hawks | |||
---|---|---|---|
Fundado en 1938 En Fukuoka desde 1989 | |||
| |||
Liga | |||
Liga | Nippon Professional Baseball | ||
División | Pacific League (1950–presente) | ||
Liga anterior | Japan Baseball League (1935–1949) | ||
Imaxe do equipo | |||
Cores | Amarelo, negro | ||
Datos do equipo | |||
Anterior | Nankai (1938–1944) Kinki Nippon (1944–1945) Great Ring (1946–1947) Nankai Hawks (1947–1988) Fukuoka Daiei Hawks (1989–2004) | ||
Alcumes | Taka (鷹, aguias) | ||
Estadio | Fukuoka Dome | ||
Estadios antigos | Sakai Ōhama Kyūjō (1938) Nakamozu Kyūjō (1939–1947) Estadio Koshien (1948–1949) Osaka Stadium (1950–1988) Heiwadai Yakyūjō (1989–1992) | ||
Mascota | Harry Hawk e a familia Hawk | ||
Dono | SoftBank | ||
Adestrador | Sugihiko Mikasa | ||
Títulos | |||
Nippon S. (11) | 1959, 1964, 1999, 2003, 2011, 2014, 2015, 2017, 2018, 2019, 2020 | ||
Pacific L. (19) | 1951, 1952, 1953, 1955, 1959, 1961, 1964, 1965, 1966, 1973, 1999, 2000, 2003, 2010, 2011, 2014, 2015, 2017, 2020 |