Franz Schubert
compositor romántico austríaco / From Wikipedia, the free encyclopedia
Franz Peter Schubert, nado en Viena o 31 de xaneiro de 1797 e finado na mesma cidade o 19 de novembro de 1828, foi un compositor austríaco, un dos continuadores do romanticismo musical iniciado por Beethoven. Gran compositor tanto de lieder (breves composicións para voz e piano) como de música de cámara e mesmo orquestal.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2017.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (de) Franz Peter Schubert 31 de xaneiro de 1797 Himmelpfortgrund (Sacro Imperio Romano Xermánico) |
Morte | 19 de novembro de 1828 (31 anos) Viena (Imperio Austríaco) |
Causa da morte | Febre tifoide |
Lugar de sepultura | Cemiterio central de Viena |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio Austríaco Arquiducado da Áustria (pt) |
Educación | Universidade de Música e Arte Dramática de Viena Akademisches Gymnasium (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Viena |
Ocupación | compositor , pianista , mestre |
Período de actividade | 1810 - |
Xénero artístico | Música clásica |
Profesores | Antonio Salieri |
Lingua | Lingua alemá |
Instrumento | Piano e violín |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Pai | Franz Theodor Schubert |
Irmáns | Ferdinand Schubert (pt) , Karl Schubert (en) e Maria Theresia Schubert |
|
Foi un dos principais músicos austríacos de comezos do século XIX. Foi o único nado na que era capital musical de Europa nos séculos XVIII e XIX: Viena. Viviu apenas 31 anos, tempo suficiente para crear unha obra musical notable pola súa gran beleza e inspiración. O seu talento creceu á sombra de Beethoven, ó que admiraba, finando ó ano seguinte da morte do seu ídolo. A súa existencia foi opaca. Só despois de morto o seu arte comezou a ser recoñecido e a conquistar a admiración da crítica e o público.
En Viena Schubert levou unha vida bohemia rodeado de intelectuais, amante das tabernas e dos ambientes populares, afastado dos salóns e da etiqueta da nobreza. Desta contorna procede o famoso termo de schubertiadas: reunións de artistas de tódolos ámbitos que formaban un círculo brillante e animado dedicado á música e á lectura.