Forza Aérea da India
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Forza Aérea da India (IAF) é a rama aérea das Forzas Armadas da India. O seu complemento de persoal e avións occupa o cuarto lugar entre as forzas aéreas do mundo.[1] A súa misión primaria é a de asegurar o espazo aéreo indio e o de realizar guerra aérea durante un conflito armado. Creouse oficialmente o 8 de outubro de 1932 como unha forza auxiliar do Imperio Británico que honrou o servizo da aviación da India durante a segunda guerra mundial co prefixo Royal (Real).[2] Despois de que o país gañase a súa independencia do Reino Unido en 1947, mantívose o nome de Real Forza Aérea da India e servía no nome do Dominio da India. Coa transición do goberno a unha república en 1950 quitouse o prefixo Royal.
Forza Aérea da India | |
---|---|
Indian Air Force भारतीय वायु सेना Bhāratīya Vāyu Senā | |
Activa | 8 de outubro de 1932 |
País | India |
Tipo | forza aérea |
Papel | guerra aérea |
Tamaño | 139 576 persoal activo 140 000 persoal na reserva unhas 1 850 aeronaves |
Páxina web | indianairforce.nic.in |
Insignias | |
Insignia | |
Cola | |
Bandeira |
Dende o ano 1950 a IAF participou en catro guerras contra o veciño Paquistán e nunha contra a República Popular da China. Outras grandes operacións na que participou a IAF foron a Operación Vijay, a Operación Meghdoot, a Operación Cactus e a Operación Poomalai. A Forza Aérea da India tamén participou en misións de paz das Nacións Unidas.
O Presidente da India mantén o rango de Comandante Supremo da IAF.[3] No ano 2017 o seu persoal en servizo era de 139 576 membros.[4][5] O Xefe do Estado Maior Aéreo, un mariscal xefe do aire, é un oficial de catro estrelas responsable da maior parte do mando operativo da Forza Aérea. Nunca hai máis dun mariscal xefe do aire servindo nun momento dado na IAF. O rango de Mariscal da Forza Aérea foi conferido polo Presidente da India nunha ocasión na historia, a Arjan Singh. O 26 de xaneiro de 2002 Singh converteuse no primeiro, e polo de agora único, oficial de cinco estrelas da IAF.[6]