Fortes e castelos das rexións de Volta, Grande Accra, Central e Occidental
From Wikipedia, the free encyclopedia
Durante o período colonial en Ghana, na época coñecida como Gold Coast, construíronse fortes e castelos de estilo europeo, sobre todo por portugueses, holandeses e británicos. Unha serie destas fortificacións e postos avanzados foron designados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
Fortes e castelos das rexións de Volta, Grande Accra, Central e Occidental | |
---|---|
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Ghana |
Localización |
|
Tipo | Cultural |
Criterios | VI |
Inscrición | 1979 (III sesión) |
Rexión da UNESCO | África |
Identificador | 34 |
O forte de Kumasi na rexión de Ashanti construído orixinalmente por un rei Asante a imitación destes fortes coloniais.[1]
Están localizados na costa de Ghana, nas rexións de Volta, Gran Acra, Ghana Central e Ghana Occidental, entre Keta e Beyín. Forman unha longa sucesión de fortes e castelos construídos entre 1482 e 1786. Son o legado das rutas comerciais que os portugueses crearon por todo o mundo na época dos grandes descubrimentos marítimos.
Construídos polas potencias coloniais británica, neerlandesa, danesa e sueca. Cambiaron de mans frecuentemente durante a súa historia.
Once destes edificios declaráronse Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 1979.